Autor: Ricard Ruiz Garzón
Ilustrador: Maite Gurrutxaga
ISBN: 978-84-8349-540-7
Páginas: 200
Tamaño real: 13 x 19,5 cm. Rústica
PVP: 10,20 €
Recomendado
Colección: Tucán verde
PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA INFANTIL 2017
Judit é unha nena a piques de facer os doce anos que debuxa moi ben. Vive con súa nai e co seu avó en Xenebra. O pai, un famoso pintor, marchou para Hungría cando era pequena.
Mentres Judit se está a preparar para participar nun concurso de debuxo, o xadrez crúzaselle inesperadamente no camiño e comeza a afeccionarse. Judit xogará moitas partidas, pero unha delas vaille cambiar a vida. O seu contrincante será Mr. Aliyat, un estraño mestre do xadrez, nacido en Irán, que se comunica con ela a través de enigmáticas notas.
Con todo, cando Mr. Aliyat é detido en plena ondada de terrorismo integrista, a partida de xadrez de Judit chegará a mudar as regras do xogo.
Comparte:
Buscador de libros