Autor: David Lozano Garbala
ISBN: 978-84-8349-545-2
Páginas: 220
Tamaño real: 13 x 20,5 cm. Rústica con lapelas
PVP: 11,95 €
Colección: Periscopio
PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL 2018
Dúas historias, a mesma noite e unha escura sospeita.
Dúas vidas que se cruzan de madrugada a través das redes. Un rapaz e unha rapaza que se entregan a un xogo misterioso: compartir os seus soños, as súas ilusións e os seus temores, pero non a súa identidade. Axiña darán o seguinte paso: unha cita ás cegas. Con todo, atoparse cun descoñecido sempre ten os seus riscos. Porque todos ocultamos segredos…
Un cadáver. O corpo dun rapaz, desfigurado pola violencia da caída. Unha vida nova arruinada para sempre, unha morte que suscita máis preguntas ca respostas.
Comparte:
Buscador de libros