Plan Lector Rodeira
Inicio / O efecto Frankenstein
O efecto Frankenstein

 

Autor: Elia Barceló

ISBN: 978-84-8349-577-3

Páxinas: 336

Tamaño real: 13 × 20,50 cm. Rústica con lapelas

PVP: 10,50 €

Colección: Periscopio

O efecto Frankenstein

PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL 2019

Sinopse:

Unha homenaxe a Frankenstein e unha lección de historia. Unha novela que reflexiona sobre a igualdade entre sexos e clases.

 

Coma se se tratase de Alicia caendo polo tobo, Nora viaxa ata finais do século XVIII. Alí terá que disfrazarse de home e tamén de señorita; adaptarse á vestimenta e aos costumes da época para lle axudar ao seu amigo Max a solucionar o problema coa criatura que o seu irresponsable amigo Víctor creou e abandonou no seu laboratorio.

O efecto Frankenstein abre un eixe de diálogo entre dúas épocas e fainos reflexionar sobre a desigualdade de xénero, tanto no ámbito profesional coma no social.

Así mesmo, como na obra de Shelley, tamén reitera a obriga moral de cumprir coas responsabilidades e as consecuencias das nosas accións.

Comparte:


Curso: Cuarto, Secundaria


Nivel I



Buscador de libros